As aventuras animadas de Tadeo Jones continúan a ir da man da tecnoloxía (lembremos que ata Blusens comercializou con grande éxito un tablet coa imaxe deste personaxe) e grazas a un acordo entre PlayStation e Mediaset España converteranse nun videoxogo para PS Vita protagonizado polo explorador e os seus amigos.
Tadeo Jones: El Videojuego está a ser desenvolvido polo estudio español U-PLAY Studios, estará dispoñible a finais de ano e permitirá que os xogadores vivan unha emocionante aventura chega de obstáculos e entretidos minixogos que superar. O xogo adopta a mecánica dun título de plataformas na que toman vida os personaxes do rico universo de Tadeo Jones, e do que nas vindeiras semanas saberanse máis detalles.
Tadeo Jones terá videoxogo para PS Vita
Compartir Este Artigo

