A pasada fin de semana Marvel anunciou que o seu xogo Marvel Run Jump Smash!, de grande éxito en Corea do Sur, chegará en breve ás principais plataformas móbiles en todo o mundo, de xeito que poderemos gozar deste runner sen fin que permitirá manexar a personaxes como Hulk, Iron Man, o Capitán América ou Maria Hill, sacados do filme de Los Vengadores pero presentados nunha versión caricaturizada.
Este xogo parece replicar directamente a fórmula do célebre Jetpack Joyride, agardándose que adopte a súa mesma fórmula comercial: o xogo poderá descargarse de balde, pero será posible desbloquear elementos do mesmo mediante cartos reais.
Aparte dos personaxes iniciais, espérase que nunha actualización posterior se incorpore Thor a este xogo que vai contar con versións para iOS, Android, Windows Phone e Windows 8.
Trailer de Marvel Run Jump Smash!
Marvel achegaranos en breve un runner cos personaxes de Los Vengadores
Compartir Este Artigo
