
Segundo nos conta persoalmente Roberto Brenlla, coordinador deste espazo de formación da empresa galega, WikiSkills sinala ten como obxectivo potenciar e fomentar o uso de wikis e desenvolver cursos de formación para consolidar as habilidades wiki na sociedade actual. Ou sexa, que o que se busca é tirar o máximo partido deste espírito de traballo e coñecemento aberto e dispoñible, facilitando o seu pulo e correcto desenvolvemento cunha serie de normas para gobernar os comportamentos dos usuarios e co fin de garantir unha interacción respectuosa. Segundo informan os responsables de WikiSkills, este proxecto lánzase a investigar o impacto das wiki na sociedade actual, “porque implican comportamentos sociais moi importantes, tales como cooperación, respecto, traballo en equipo, desenvolvemento de contidos e xestión comunitaria”. Tirando dese fío, chegamos a conceptos como comportamento cívico, inclusión social, emprego, entendemento cultural e habilidades para aprender de xeito autónomo.
WikiSkills acadaría estes obxectivos fornecendo cursos de formación en ferramentas wiki e habilidades aos grupos obxectivo. “Estes cursos proporcionarán un entendemento básico das novas tecnoloxías da información e o uso participativo de Internet”, infórmase.
O grupo WikiSkills está conformado por expertos de toda Europa con longa experiencia en software libre ou aprendiza a distancia, como por exemplo o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Wikimedia Suecia, a Fundación Internet.org (entidade coordinadora) ou Die Berater, entre outros centros e entidades da contorna europea.
A galega Tegnix participará na iniciativa europea WikiSkills destinada a espallar as vantaxes de traballarmos en clave wiki
Compartir Este Artigo
