Tras uns trimestres bastante duros, parece que LG Electronics está conseguindo inverter a tendencia, de xeito que no último trimestre de 2013 tería conseguido uns beneficios operativos de 238.100 millóns de wons (161 millóns de euros) grazas principalmente ás súas boas vendas de televisores, dos que proveñen 174,300 millóns de wons dos mencionados beneficios (quedando só por detrás de Samsung neste sector). Temos así que os beneficios trimestrais da compañía surcoreana tiveron un incremento interanual do 104%.
Por outra, banda, no departamento de telefonía móbil, pese a ter acertado co lanzamento do LG G2 e o LG G Pro e consolidarse nun terceiro posto por detrás de Apple e Samsung, pasou duns beneficios trimestrais de 55.000 millóns de wons a unhas perdas de 43.400 millóns, que parecen ser consecuencia dos elevados gastos para dar a coñecer o LG G2 e o LG G Flex, cantidades que poderían compensar nos vindeiros meses, pois por outra banda o volume de terminais vendidos mellorou un 50% ata chegar aos 13,2 millóns de unidades.
LG incrementa os seus beneficios grazas ás boas vendas de televisores
Compartir Este Artigo
