
Durante o seu relatorio, Pedro Serrahima recoñeceu con humildade non ser quen de dar as fórmulas do éxito do seu operador móbil virtual, por non ter seguido un camiño ordinario dentro do mundo da empresa, senón que simplemente limitáronse a fixar unha filosofía corporativa consistente en facer “cousas normais” como cobrar unicamente polos servizos prestados aos seus clientes e non disfrazar as súas políticas de prezos.

Serrahima comentou numerosas prácticas de Pepephone, como os reintegros aos clientes nos casos de incidencias, ou a adecuación das demandas dos usuarios para crear diferentes tarifas, buscando sempre ofrecer un bo servizo de atención ao cliente dende España xa que “a mellor oportunidade de marketing é cando un cliente ten un problema contigo”. Esta estratexia parece ter funcionado, xa que o operador, en vez de medrar en usuarios a base de campañas publicitarias, a principal canle de captación de novos clientes e a prescrición dos clientes actuais, contentos co trato recibido. Recoñece que as redes sociais son a ferramenta de marketing máis potente que existe, especialmente para as compañías pequenas, que así poden ter certa repercusión sen ter que recorrer ás grandes campañas que poden facer outras compañías, o que parece ter funcionado con Pepephone, que en 2013 conseguir ser o cuarto operador que máis medrou, pese a ser dos máis cativos.
Aínda que a sorte foi un factor fundamental no éxito de Pepephone, Serrahima
apuntou numerosos detalles chave para tal fortuna, como a sinceridade e a
transparencia (que tradúcense en clientes satisfeitos que non se senten
estafados en ningún momento) e incluso comentou que dentro da empresa poden
permitirse unha grande flexibilidade para adaptarse ás demandas dos clientes
grazas a que fan uso de software libre nos seus sistemas informáticos.
Rematada unha moi dinámica e interactiva charla de Pedro Serrahima, chegou a
quenda da co organizadora do evento, María
Mosquera, que quixo achegar ferramentas de balde ou de prezo reducido para
potenciar os negocios a través da Internet, como son solucións para realizar
composicións gráficas, plataformas de e-mail marketing, aplicacións para
analizar a nosa posición na web e nas redes sociais ou plataformas para
facilitar a xestión da nosa presenza en redes sociais. Completouse así un
evento de grande interese para os que están a emprender con poucos recursos,
que a través dun caso de éxito e unha recompilación de ferramentas poden tomar
ideas que aplicar aos seu negocio, para aproveitar o potencial das redes
sociais como catalizador.

