O vindeiro 12 de marzo o Consello da Cultura Galega organiza unha xornada no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela baixo o título A Mediación Cultural de Internet, na que abordarán a transformación da Rede nun dos principais soportes de comunicación, provocando grandes cambios no ecosistema informativo e na industria cultural.
A organización do evento considera que unha parte significativa do público interesado na cultura está vinculado a través de redes sociais e publicacións especializadas na web, polo que estamos nun momento axeitado para reflexionar sobre as posibilidades tecnolóxicas, as preferencias dos públicos culturais, así como as audiencias e as posibilidades da Internet como novo contorno para crear pequenos e emerxentes medios de comunicación especializados.
O programa da xornada quedaría como segue:
SESIÓN DE MAÑÁ
9:30 horas – Inauguración
9:45 horas – Sociedade da Información en Galicia. Últimas perspectivas
Luís A. Álvarez Sestelo, Universidade de Vigo
Xosé Pereira, Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Ferrás, Universidade de Santiago de Compostela10:30 horas – O novo escenario de internet en Galicia. Ano cero de PuntoGal
Manolo González, Asociación PuntoGal11:00 horas – Pausa
11:30 horas – A transformación das audiencias. O papel dos usuarios activos en internet
Pere Masip, Universitat Ramón Llul (Barcelona)12:30 horas – A cultura e outros ámbitos temáticos: como facelos confluír
Diego Barcala, director de LíberoSESIÓN DE TARDE
16.30 horas – Contidos culturais e ecosistema móbil: Que está cambiando en internet?
Juan Miguel Aguado, Universidad de Murcia17:15 horas – Un novo tempo para a cultura en papel
El Correo Gallego, Xavier Cea
El Progreso, Santiago Jaureguizar
La Voz de Galicia, Luis Pousa
Luzes, Xosé Manuel Pereiro
Sermos Galiza, Carme Vidal18.30 horas – Unha nova xeira de revistas electrónicas culturais
Letra en obras, Ramón Vilar
Disque Cool, Raquel C. Pico
Desconcierto, Manuel Suárez
Empuje, Rubén Novo
M, Montse Dopico
A inscrición ao encontro pode realizarse de balde vía web, atendéndose as solicitudes por orde de chegada ata completar as 100 prazas dispoñibles.

