Aínda que parece que as aplicacións móbiles conseguiron eclipsar case totalmente as antes populares aplicacións de Facebook, dende a compañía de Mark Zuckerberg no parecen querer tirar a toalla, e anuncian que o vindeiro 30 de abril celebrarán o congreso para desenvolvedores de Facebook F8, evento que no contou con edicións en 2012 e 2013, polo que parece que quedara cancelado definitivamente.
Este encontro de desenvolvedores de todo o mundo celebrarase en The Concourse (San Francisco), buscando xuntar a enxeñeiros que traballen con Facebook, Parse (compañía adquirida por Facebook en abril) e Instagram, para compartir os seus coñecementos e amosen a dirección na que están a moverse. Dende Facebook procurarán axudalos a facer máis rápido o seu traballo, a chegar a un maior número de usuarios e a conseguir un maior rendemento da súas aplicacións.
Espérase que acudan a este congreso máis de 1.500 desenvolvedores de todo o mundo, e nos vindeiros días detallarán os relatores que estarán presentes.
Facebook celebrará o mes que vén un congreso para desenvolvedores
Compartir Este Artigo

