
A delegación do dominio .gal completarase en breve, de xeito que a Asociación PuntoGal terá o control técnico do novo sufixo de Internet, para iniciar así un proceso de rexistro de dominios baixo o .gal que desenvolverase por fases, para que en poucos meses o dominio estea aberto a calquera particular interesado en ter presenza na Rede co novo identificador galego.
González asegurou que a xestión do .gal correrá a cargo da Asociación PuntoGal, que procurará manter a súa independencia e sustentarase economicamente grazas aos ingresos achegados pola contratación de dominios (para o que estima que serían preciosos uns oito mil rexistros ao ano) e, no caso de acadarse beneficios, estes reinvestiranse na sociedade galega.
Nos vindeiros meses a Asociación PuntoGal dirixirá os seus esforzos a facer que empresas e particulares de Galicia perciban a relevancia do dominio .gal, e así fomenten o seu uso para que poida cumprir o seu papel na Internet como símbolo da nosa identidade.
O dominio .gal activarase tecnicamente “nuns poucos días”
Compartir Este Artigo

