Un xornada en Compostela abordará o papel da Rede como mediador cultural

xoves, 6 de marzo do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro 12 de marzo o Consello da Cultura Galega organiza unha xornada no Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela baixo o título A Mediación Cultural de Internet, na que abordarán a transformación da Rede nun dos principais soportes de comunicación, provocando grandes cambios no ecosistema informativo e na industria cultural.
A organización do evento considera que unha parte significativa do público interesado na cultura está vinculado a través de redes sociais e publicacións especializadas na web, polo que estamos nun momento axeitado para reflexionar sobre as posibilidades tecnolóxicas, as preferencias dos públicos culturais, así como as audiencias e as posibilidades da Internet como novo contorno para crear pequenos e emerxentes medios de comunicación especializados.
O programa da xornada quedaría como segue:

SESIÓN DE MAÑÁ

9:30 horas - Inauguración

9:45 horas - Sociedade da Información en Galicia. Últimas perspectivas
Luís A. Álvarez Sestelo, Universidade de Vigo
Xosé Pereira, Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Ferrás, Universidade de Santiago de Compostela

10:30 horas - O novo escenario de internet en Galicia. Ano cero de PuntoGal
Manolo González, Asociación PuntoGal

11:00 horas - Pausa

11:30 horas - A transformación das audiencias. O papel dos usuarios activos en internet
Pere Masip, Universitat Ramón Llul (Barcelona)

12:30 horas - A cultura e outros ámbitos temáticos: como facelos confluír
Diego Barcala, director de Líbero

SESIÓN DE TARDE

16.30 horas - Contidos culturais e ecosistema móbil: Que está cambiando en internet?
Juan Miguel Aguado, Universidad de Murcia

17:15 horas - Un novo tempo para a cultura en papel
El Correo Gallego, Xavier Cea
El Progreso, Santiago Jaureguizar
La Voz de Galicia, Luis Pousa
Luzes, Xosé Manuel Pereiro
Sermos Galiza, Carme Vidal

18.30 horas - Unha nova xeira de revistas electrónicas culturais
Letra en obras, Ramón Vilar
Disque Cool, Raquel C. Pico
Desconcierto, Manuel Suárez
Empuje, Rubén Novo
M, Montse Dopico

A inscrición ao encontro pode realizarse de balde vía web, atendéndose as solicitudes por orde de chegada ata completar as 100 prazas dispoñibles.