Na pasada edición de #NeThinking destacou a presenza da blogueira Yoani SánchezTras o éxito da terceira edición do encontro #NeThinking en 2013, encontro organizado pola Fundación Illa de San Simón, contando coa participación estelar da blogueira cubana Yoani Sánchez, anuncian que os vindeiros 25 e 26 de abril retomarán esta serie de encontros con grande proxección na Internet e en redes sociais. Participan en #NeThinking un diverso grupo de artistas, creadores, referentes da blogosfera, consultores e xornalistas, como os xa habituais Ismael El-Qudsi, Mario Tascón, Javier Celaya, Raquel Martos, Julián Hernández, Marilín Gonzalo ou Eduardo Arcos, aos que nesta edición uniranse o publicista e comunicador Risto Mejide, o director da Fundación do Español Urxente (Fundeu) Joaquín Müller, e os profesores Miguel Ángel López (máis coñecido como Hematocrítico) e Joaquín Rodríguez. Risto Mejide será unha das novas incorporacións á vindeira edición de #NeThinkingNesta edición as temáticas principais estarán vencelladas a aspectos como os novos medios de comunicación, a Lei de propiedade intelectual, o emprendemento ou a chamada Internet das cousas. Como nas edicións anteriores, as xornadas serán abertas e dinámicas, con participación libre de todos os integrantes do foro, aos que os internautas lles poderán formular preguntas en directo e compartir as súas reflexións sobre o presente e o futuro dun mundo en permanente revolución. As xornadas poderanse seguir en directo a través do streaming de San Simón TV, realizándose a meirande parte da interacción entre espectadores e participantes presenciais a través de Twitter.