Os grupos de desenvolvedores de Google en Galicia están cada día a ter máis actividade, e mentres hoxe en Vigo fan un seguimento en directo do Google I/O, na Coruña teñen previsto un evento moi especial no laboratorio 0.1w da Facultade de Informática, onde bateranse en duelo Alberto Basalo e Pedro Vale Ramos, que desenvolverán simultaneamente a mesma aplicación empregando os frameworks AngularJS e Backbone.js respectivamente como método para contrastar ambas plataformas e así poder ter unha boa idea dos puntos fortes e febles.
Os interesados en acudir a este primeiro asalto das vs BATTLE series organizadas polo GDG Coruña poden inscribirse a través de Google+, para poder comprobar mañá en primeira persoa cal é o framework que consegue gañar o combate por KO técnico.
Os frameworks AngularJS e Backbone.js bateranse en combate na FIC
Compartir Este Artigo

