A feira multidisciplinar coruñesa HobbyCon celebrará esta semana a súa segunda edición, congregando no PALEXCO a numerosos afeccionados á banda deseñada, a ciencia ficción, a fantasía, a cultura xaponesa e os videoxogos para gozar de exposicións, stands comerciais, relatorios e numerosas actividades que reivindicarán numerosos ámbitos do lecer nos que a tecnoloxía xoga un papel moi importante.
O recinto de PALEXCO estará aberto entre as 12:00 e as 22:00 horas dos días 3, 4, 5 e 6 de xullo, sendo a súa entrada de pagamento, aceptándose tamén a realización de achegas solidarias a Juegaterapia, fundación que recolle consolas domésticas, portátiles e tablets que a xente non emprega para doalas ás áreas de oncoloxía infantil dos hospitais para facer máis doado aos cativos superar os tratamentos aos que se someten. Será posible contribuír a Juegaterapia tanto economicamente (aboando 1 euros adicional no momento de pagar a entrada) ou mediante a entrega de material.

Tamén repetirá presenza no evento o youtuber coruñés Wismichu, que actualmente conta con máis dun millón de subscritores á súa canle de YouTube (que supera os 69 millóns de reproducións) e que na pasada edición conseguira pór en valor o vídeo a través da Internet.
Os videoxogos terán unha forte presenza na nova edición da HobbyCon
Compartir Este Artigo
