Este mes está a comezar a distribución do segundo kit de desenvolvemento de Oculus Rift, e esta solución para programar contornos de realidade virtual está a ter unha demanda bastante elevada, o que levou a que se cancelasen moitas das reservas efectuadas dende China, por detectarse unha práctica moi negativa por parte dos compradores chineses: a revenda. Ao parecer, boa parte dos chineses están a encargar unidades de Oculus Rift para vendelos a outros países (conseguindo beneficios coa operación), e dende Oculus decidiron revisar o asunto para entregar unidades do novo sistema de lentes de realidade aumentada só a desenvolvedores chineses lexítimos e non a oportunistas.
Estes días Oculus Rift está a ser de actualidade tamén por outras cousas, como o feito de que na entrada da feira multidisciplinar HobbyCon que está a desenvolverse na Coruña hai un expositor no que pode probarse libremente a experiencia de uso das lentes Oculus Rift.
Tamén veu a luz estes días unha páxina web que permite aos usuarios de Oculus explorar a vila de South Park, que é un curioso xeito de demostrar o enorme potencial que ten a realidade aumentada como ferramenta trasmedia ou con finalidades publicitarias.
Vídeo de demostración de como sería a vila de South Park en realidade virtual
Oculus Rift limita a súa distribución en China e permítenos visitar South Park
Compartir Este Artigo
