O desenvolvemento de videoxogos dende Galicia centrou as primeiras charlas da HobbyCon
xoves, 3 de xullo do 2014
A feira multidisciplinar HobbyCon
botou hoxe a andar no PALEXCO da Coruña, coa previsible grande actividade na
sección de videoxogos, onde os numerosos asistentes puideron gozar de consolas
de onte e hoxe, competindo cos seus amigos e participando en distintos torneos
á vez que, dentro dun programa de actividades máis formal, tamén foi posible
realizar un achegamento á face máis profesional do sector a través dunha charla
conxunta que impartiron Carlos Fernández (Moonbite Games) e Fernando Prieto
(Gato Salvaje Studio) na que narraron o camiño que os levou a que os seus últimos
xogos chegasen a bo porto.
Carlos Fernández botou a vista atrás para contar a súa viaxe do sector audiovisual
ao mundo dos videoxogos, para intentar facer realidade Zombeer, un tÃtulo de acción en primeira persoa que combina zombis
e humor, e que pasou por numerosas dificultades antes de ver a luz en
PlayStation 3, estando agora a piques de estrear versión para PC a través de
Steam. O proxecto comezou en Galicia, aÃnda que os atrancos que xurdiron
levaron a que tivesen que mudar o estudio a Cataluña para poder completar os
varios anos de traballo, conseguindo un produto que non dubidou en definir como
distinto ao que podemos atopar habitualmente no mercado.
Trailer de Zombeer
A intervención de Fernando Prieto centrouse máis no que supón apoiarse no
micromecenado (concretamente en Kickstarter) para conseguir o financiamento
para levar un xogo adiante. Comentou que tras o seu éxito para financiar AR-K, tÃtulo que prevé estrea o seu
segundo episodio (e re-estrear o primeiro nunha versión mellorada) en pouco
máis de dúas semanas, axudan a outras compañÃas españolas a captar financiamento
a través de Kickstarter, considerando que actualmente é unha magnÃfica
oportunidade para o desenvolvemento de videoxogos de xeito independente, e coas
vantaxes que pode supor o control previo do xogo que fai o público co seu nivel
de apoio (o que permite aprender dos erros cun custo inferior que mediante
proxectos desenvolvidos tradicionalmente).
Trailer do segundo episodio de AR-K
- A complicidade entre Fernández e Prieto serviu para amosar a disposición para colaborar que existe entre os creadores galegos de videoxogos