
Se atendemos aos datos globais da compañía, LG incrementou con respecto ao mesmo período do ano pasado un 165% os seus resultados netos, chegando aos 412.000 millóns de wons (297,9 millóns de euros) e uns beneficios operativos do 606.000 millóns de wons (438 millóns de euros), acumulando uns ingresos de 15,37 billóns de wons (11.114 millóns de euros).
Unha das divisións de LG que tamén parece gozar de boa saúde é a de televisores, cunha facturación trimestral case igual que a do ano pasado, pero cun incremento operativo do 64,9%, grazas á redución dos custos fixos. A demanda de televisores de ultra alta definición nalgúns mercados tamén esperan que contribúa a mellorar os resultados na división de lecer electrónico da compañía durante os vindeiros meses.
LG distribuíu 14,5 millóns de smartphones durante o segundo trimestre de 2014
Compartir Este Artigo
