Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gigaset presenta Dune, un teléfono directamente inspirado na natureza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Gigaset presenta Dune, un teléfono directamente inspirado na natureza

Redacción
Publicado: 06/08/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Gigaset-Dune-Desk.jpgA marca xermana Gigaset presentou estes días un interesante aparello “inspirado na natureza”. Trátase de Dune, un novo teléfono fixo que semella que non, non ten nada que ver co libro de Frank Herbert nin co filme de David Lynch do mesmo nome, pero que está claro que si que se inspira nos elementos paisaxísticos e naturais que dominaban ambas obras. De aí o seu nome, duna. Segundo Gigaset, trátase dun trebello “para consumidores esixentes”, un terminal que aproveita os novos achados no eido da biónica para achegar “unha ergonomía e unha beleza sen precedentes”. Preséntase con acabado branco perla e certos detalles de luxo, como a tecla de navegación en cor cobre.
O de “beleza natural” e “aproveitamento dos avances da biónica” vén a conto porque o aparello en cuestión inspírase en certos fenómenos naturais para adaptalos á súa feitura e tecnoloxías. Segundo explica Maik Brockmann, CSO de Gigaset, “todos utilizamos numerosas características biónicas na nosa vida diaria”, e isto ten a súa orixe na idea de Leonardo da Vinci de aplicar como voa un paxaro ás máquinas voadoras e conclúe co peche de velcro inspirado en certas flores e plantas. A arela de Gigaset co deseño de Dune era aplicar “esa capacidade para perfeccionar de continuo estruturas a través de procesos evolutivos”. Isto percíbese en elementos como a propia feitura do aparello, “resultado de formas ergonómicas únicas e cun auricular cóncavo que encaixa á perfección e que garante a mellor acústica”.
O frontal de Dune está formado por unha pantalla 1.8 TFT a cor de 38×32 mm e 65.000 cores, así como un teclado plano e iluminado. Dune ofrece alta calidade de son e mans libres HSP (High Sound Performance). O volume do ton de chamada pódese axustar en cinco niveles e dispón dun jack de 2,5 mm para a conexión dun auricular (mono). Asemade, conta cunha axenda de contactos para 200 entradas con tres números cada unha, pantalla configurable, funcións de babyphone, alarma integrada, calendario e recordatorio de aniversarios. O aparello permite 320 horas en modo de espera e un tempo de conversación de 14 horas. O modelo Dune CL540a conta con contestador automático integrado que é quen de almacenar ata 30 minutos de mensaxes. O prezo do teléfono DUNE de Gigaset é 79,95 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?