Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sony amosou as novidades que chegarán á PS4 dende Alemaña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Sony amosou as novidades que chegarán á PS4 dende Alemaña

Marcus Fernández
Publicado: 13/08/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

WiLD será o novo xogo do creador de Rayman para PS4
WiLD será o novo xogo do creador de Rayman para PS4
A Gamescom de Colonia está a ser aproveitada por Sony como plataforma para dar a coñecer algunhas das súas novidades antes da celebración do Tokyo Game Show (para cando normalmente reservan algunhas sorpresas de cara ao Nadal) e na presentación da pasada noite quixeron amosar o primeiro vídeo con gameplay de Bloodborne, novos vídeos de LittleBigPlanet 3, inFAMOUS First Light, Murasaki Baby e The Order 1886, así como realizar a presentación dunha serie de títulos moi interesantes.
Hellblade de Ninja Theory foi un dos principais anuncios de Sony na Gamescom
Hellblade de Ninja Theory foi un dos principais anuncios de Sony na Gamescom
Entre as novas producións para consolas PlayStation estarían o xogo de terror interactivo Until Dawn (anunciado hai un par de anos para PS3, pero que finalmente veremos en PS4), o impactante WiLD (xogo do creador de Rayman e Beyond Good & Evil), The Tomorrow Children, o shooter de ciencia ficción Alienation e Tearaway Unfolded (que supón o salto da aventura de PS Vita á PS4).
Pero para moitos os pratos fortes da presentación de Sony foi o anuncio de Hellblade (xogo de acción de Ninja Theory, estudio detrás de Heavenly Sword e DmC), o anuncio do lanzamento do xogo de supervivencia Day Z para PlayStation 4 e a presentación do xogo de acción Hollowpoint de Ruffian Games.
gamescom_sony_10M_ps4_detalle.jpgAparte dos xogos, aproveitouse a ocasión para confirmar que a PlayStation 4 superou os 10 millóns de unidades vendidas en todo o mundo, anunciar que o 14 de novembro teremos PlayStation TV en Europa e detallouse que a actualización do firmware da PS4 á versión 2.00 incluirá o agardado Share Play (unha especie de sofá virtual que permitirá que convidemos a un amigo a unirse a unha partida nosa aínda que el non teña o título ao que estamos a xogar, permitíndolle así botarnos unha man para superar un xogo que se nos resiste) e outras novidades de cara á emisión e compartición de vídeos, así como unha aplicación para YouTube, aínda que teremos que agardar ao outono para recibir estas novas características.

Conferencia íntegra de Sony na Gamescom

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?