Sony leva anos comercializando con bastante éxito os seus reprodutores multimedia portátiles deportivos cun deseño moi cómodo, xa que o dispositivo está integrado nos propios auriculares que se comunican cun cable que vai pola parte traseira da cabeza do usuario, pero esta liña de dispositivos non quixeron limitarse a funcionar como simples reprodutores de audio, e incorporaron varias prestacións avanzadas ata chegar á nova familia NWZ-WS610.
Estes novos reprodutores non só conservan as súas principais prestacións, senón que a súa resistencia á auga chega ata IPX5/8, de xeito que poden empregarse incluso para nadar e integran conectividade Bluetooth e NFC, facilitando a súa vinculación con smartphones, de xeito que tanto podemos reproducir música almacenada no móbil como operar como sistema de mans libres. Aproveitando a súa conectividade sen fíos, agora este reprodutor inclúe un mando a distancia con forma de anel que serve para controlar o volume e saltar entre cancións (cómpre destacar que é resistente a auga, pero non somerxible).
Amais, a súa batería consegue unha batería de ata 7 horas de reprodución continua, contando cunha función de carga rápida (que permite que en 3 minutos poidamos conseguir enerxía suficiente para 60 minutos de reprodución), pesa só 37 gramos, está dispoñible en 3 cores distintas (verde, azul e negro) e chega en 2 capacidades distintas: 4 Gb a un prezo de 149 euros e 16 Gb a 199 euros.
Sony comercializa un reprodutor somerxible que pode controlarse cun anel
Compartir Este Artigo

