Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Primux incrementa as prestacións do seu buque insignia, o terminal Sigma
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Primux incrementa as prestacións do seu buque insignia, o terminal Sigma

Redacción
Publicado: 06/10/2014
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

primux_sigma-3.jpgO fabricante galego Primux amosou co comezo desta semana a segunda vida do seu Primux Sigma, un aparello que xa dimos a coñecer dende Código Cero a pasada primavera, salientando daquela que se trataba con toda seguridade do “buque insignia” da marca ourensá de dispositivos avanzados. Pois ben, dada “a gran acollida” que tivo ao longo destes meses o Sigma no mercado dos terminais de gama media, sobre todo grazas ao seu amplo abano de prestacións e o seu prezo “máis que alcanzable”, o fabricante galego púxose mans á obra para mellorar o dispositivo engadíndolle aínda máis prestacións, e, aquí vén o mellor do conto, mantendo o mesmo prezo.
Segundo engade a compañía, as evolucións do Sigma céntranse sobre todo na súa pantalla, que agora incorpora un cristal DragontrailTM, un elemento “altamente resistente ao raiado, aos impactos e a torsión”. Ademais, a base da pantalla é un panel L5 de cinco polgadas, o modelo IPS HD Truly de 1.280 por 720.
Por outra banda, tamén se incorporou un novo sistema de redución de ruído no micrófono, que permite illar o son ambiente da voz. Pero hai máis, xa que o Sigma remodelado inclúe tamén o sistema operativo Android 4.4 Kit Kat, unha ferramenta que en palabras de Primux, “consegue optimizar ao máximo os recursos, a arquitectura e prestacións do smartphone para unha maior rapidez nos procesos cun menor consumo de batería”.
Por outra banda, cómpre informar que o aparello acubilla un procesador Quad Core de 1,3 GHz, moi importante para permitir a execución e o procesado áxil de calquera aplicación, ben sexa de ofimática, de reprodución audiovisual ou ben vencellada a un videoxogo. O Sigma conta tamén con 1 Gb de memoria RAM e 16 de capacidade de almacenamento interno. Segundo conclúe Primux, a todo o devandito hai que engadir a inclusión de todos os sistemas precisos para acadar as mellores comunicacións e conexións posibles, como por exemplo o sistema NFC (tecnoloxía de comunicación sen fíos, de curto alcance e de alta frecuencia, que posibilita o intercambio rápido e eficaz de datos entre dispositivos), a tecnoloxía 3G, o Wi-Fi de alta velocidade, a versión 4.0 de Bluetooth, o GPS e o sistema Dual SIM que permite acubillar dúas liñas telefónicas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?