
O evento está dirixido a Responsables de Tecnoloxía e Innovación en grandes e pequenas organizacións e enxeñarías, e nel desenvolverase un extenso programa, con conferencias sobre BYOD, banda ancha sen fíos (WiFi, WiMax, LTE), redes definidas por software (SDN), virtualización de escritorios (VDI), mobilidade, comunicacións unificadas, centros de datos, etc.
Este ano púxose en marcha a iniciativa CxO TIC, que terá lugar nas cidades de celebración do Tour. Trátase dun proxecto da Asociación @asLAN que ten como principal obxectivo divulgar as experiencias de directivos (CEOs, CIOs, CMOs…) que axudan ás súas organizacións a ser máis intelixentes e competitivas co uso de novas tecnoloxías, aproveitando o potencial da converxencia de persoas, cousas, procesos e datos sobre a rede. No coloquio/xantar do Foro A Coruña intervirán entre outros, directivos de Grupo Plásticos Ferro, Factorías Vulcano e Fillos de Rivera.
Jesús Pampyn, presidente de la Asociación @asLAN espera superar as cifras de participación da edición anterior considerando que “adecuar as infraestruturas tecnolóxicas para construír un ámbito móbil e ser capaces de desenvolver e integrar servizos en nubes híbridas son asuntos prioritarios na axenda dos responsables de innovación tecnolóxica de calquera empresa que queira destacar neste novo escenario, máis global e competitivo,”
O Foro Tecnolóxico A Coruña, celebrarase no Hotel Hesperia Finisterre e contará coa intervención de representantes do Concello da Coruña, de AMTEGA e do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia.
A inscrición a estes eventos é de balde e pódese realizar a través dun formulario en liña.
O V Foro do Tour Tecnolóxico da Asociación @sLAN desenvolverase na Coruña o vindeiro 12 de novembro
Compartir Este Artigo

