
Esta maratón de programación consiste en desenvolver unha aplicación para Android Wear a partir dunha temática proposta pola organización, despois dunha pequena introdución con indicacións para orientar aos participantes nesta competición na que recoméndase que os desenvolvedores acudan co seu ordenador portátil co SDK de Android Wear instalada e configurado para aforrar tempo.
A organización tamén achegará comida e bebida para que os participantes só teñan que preocuparse de crear a aplicación proposta no tempo dispoñible, podendo así optar a premios entre os que figuran reloxos con Android Wear, tabletas Nexus e incluso a orixinal cardboard, un kit de cartón que permite converter a pantalla dun smartphone nunhas lentes de realidade virtual de baixo custo.
A ETSE de Compostela acollerá o xoves unha maratón de programación para Android Wear
Compartir Este Artigo

