Mañá ás 17:00 horas na Aula SO-3 da Escola Superior de Enxeñaría en Informática da Universidade de Vigo en Ourense o director de Ágora Binaria, S.L., Alberto Basalo, vai impartir unha charla sobre AngularJS, o framework de JavaScript de Google que pretende servir para desenvolver a vindeira xeración de aplicacións web.
Esta actividade que se desenvolverá na aula 3 do soto do centro educativo ten prevista unha duración de 2 horas e está organizado polo GDG Ournse e ESEI Dojos.
O relator deste evento, Alberto Basalo, leva máis de 15 desenvolvendo aplicacións para grandes e pequenas empresas, e tras o seu paso por compañías como Zara e Tous iniciou unha traxectoria como consultor e formador que o levou a desenvolver proxectos como a plataforma de xestión documental Docuralia.
Unha charla en Ourense introducirá no framework AngularJS
Compartir Este Artigo

