Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ás tendas de Vodafone o Samsung Galaxy Note Edge con segunda pantalla lateral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Chega ás tendas de Vodafone o Samsung Galaxy Note Edge con segunda pantalla lateral

Redacción
Publicado: 02/12/2014
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

samsung-galaxy-note-edge-product-photos24.jpgDende este luns 1 de decembro e da man de Vodafone, está dispoñible na nosa contorna o Samsung Galaxy Note Edge, novo dispositivo da gama Galaxy Note que presenta, entre outras cousas a ter en conta, unha segunda pantalla curva lateral que fai máis doado o acceso á información e achega “unha exclusiva experiencia de uso orientada á produtividade”, informa a operadora, que fornece aos seus clientes este aparello grazas a un acordo de comercialización “exclusivo” acadado co fabricante.
O aparello pode adquirirse en cor branca con 32 XB de memoria na tenda en liña da operadora e ao longo desta semana nas tendas Vodafone. É compatible coa rede 4G e 4G+ da operadora e pode mercarse “a cero euros de custo inicial e 19 de curso mensual” co plan Rede L, aforrándonos 443 euros con respecto aos 899 de orixe (prezo recomendado). Sinalar que o devandito prezo especial é válido para portabilidades de clientes que tivesen contrato con outra operadora e está asociado cunha permanencia de 18 meses no plan elixido.
“Cun orixinal e innovador deseño”, informa a operadora, “a pantalla curva lateral de Note Edge permite un acceso rápido ás aplicacións de uso frecuente, así como alertas e diversas funcións do produto co simple paso do polgar sobre a superficie”. A través dela, poderemos ver mensaxes de texto, ler novas, recibir notificacións ou rexeitar chamadas directamente, “e todo de forma rápida, sinxela e sen alterar o que se amose na pantalla principal (mesmo se se está reproducindo un vídeo)”. Segundo engade Vodafone, a segunda pantalla é configurable polo usuario permitíndolle amosar mensaxes escritas ou mesmo descargando distintos paneis desde Galaxy Apps.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?