
Vandal.net é un excelente caso de páxina web vertical, con 18 anos de historia, que tivo que superar numerosos atrancos como pequena empresa editorial na Internet, que pese á súa independencia conseguiu consolidarse nun sector altamente competitivo, chegando a un grande público de fala hispana espallado por moitos países, o que é todo un logro para un proxecto que Grandío iniciou cando só tiña 15 anos de idade.
Emprender en Silicon Valley
Pero esta non é a única actividade organizada na mesma xornada, senón que
durante a mañá Manuel Noya
Mariño de Linknovate detallará aos emprendedores galegos cousas de grande
importancia sobre o emprendemento en Silicon Valley. Este
relatorio comezará ás 12:00 horas e debullará obstáculos que se atopan ao
intentar levar un proxecto emprendedor a California, comezando con detalles como
as visas; tamén afondará na cultura das startups
e do risco, como fichar a enxeñeiros, como vender a empresas... Unha chea de
información moi interesante para os que queiran emprender en Silicon Valley,
levar a súa empresa alá, traballar alí como enxeñeiro ou incluso fichar por un
dos xigantes tecnolóxicos alí establecidos.
