
Pero a cousa non remata aí, e para que este smartwatch con pantalla de papel electrónico de cor consiga convencer a aínda máis compradores dá un paso decisivo e, sen agardar a lanzar o Pebble Time, engaden ao proxecto o Pebble Time Steel, versión do reloxo con carcasa de aceiro que consegue un acabado máis elegante e incluso mellora a súa batería para que dure ata 10 días de uso normal.
Estará dispoñible en tres cores distintas (negra, prata e ouro) e incluirá dúas correas (coiro e aceiro inoxidable), e conserva o resto de características do modelo anterior (como resistencia á auga e a posibilidade de empregar correas estándar de 22 milímetros). En vez de maio, estes novos reloxos comezarían a remitirse aos seus mecenas en xullo. O seu prezo en Kickstarter é de 250 dólares (223,64 euros) o que supón un aforro sobre os 299 dólares que custará cando saia á venda de xeito ordinario e os mecenas que optasen previamente por adquirir un Pebble Time terán agora a opción de actualizar a súa achega para poder recibir como recompensa un Pebble Time Steel.
Este novo modelo do Pebble Time parece ser un grande acerto, que está a disparar os pedidos a través de Kickstarter, xa que o modelo Steel en cor prata ou negro resultan moi atractivos para os usuarios que mercasen anteriormente un Pebble Steel, mentres que a versión con acabado dourado pode resultar especialmente atractivo para os que gusten do Apple Watch, reloxo de pulso ao que dá a impresión que busca parecerse.
O Pebble Time estrea modelo de aceiro e racha marcas en Kickstarter
Compartir Este Artigo

