Aínda que a limitación a 140 carácteres ao escribir chíos en Twitter estea considerada como unha das grandes virtudes desta plataforma, que consegue así facer máis áxiles as súas comunicacións, á hora de replicar contidos doutros usuarios convértese en todo un atranco, xa que dificulta a posibilidade de engadir comentarios a un rechouchío, o que está a mudar estes días, xa que dende Twitter decidiron que un rechouchío con cita contabilice o chío orixinal como unha ligazón (23 carácteres), de xeito que figuraría incrustado.
Esta nova funcionalidade atende a unha demanda histórica dos usuarios, e neste momento está a espallarse á versión web de Twitter, así como á aplicación de Twitter para iOS, chegando en breve para a respectiva aplicación para Android.
Twitter muda o xeito de facer rechouchíos con comentario
Compartir Este Artigo
