
Segundo datos publicados o pasado venres, durante 2014 Spotify tería conseguido uns ingresos de 1.300 millóns de dólares, o que suporía un incremento anual do 45%, pero nese tempo tamén pasou dunhas perdas de 68 millóns de dólares a unhas de 197 millóns, o que a compañía xustifica pola súa expansión internacional e o seu incremento de persoal (Spotify pechou 2013 con 958 traballadores e 2014 con 1.354 empregados).
Actualmente Spotify ten presenza en 58 países nos que ofrece uns 30 millóns de cancións a través de dous modelos diferentes: de balde con publicidade, ou de pagamento mediante subscrición. Pese ao que poida parecer, o volume de usuarios de pagamento é bastante elevado, e pechou 2014 con 15 millóns de usuarios de pagamento e 45 millóns de usuarios de balde, o que confirmaría que leva a dianteira aos seus competidores neste negocio. Pese a que a publicidade está a soster sen problema outros negocios en liña, no caso da música non parece ser así, e o 91% dos ingresos de Spotify corresponden ás subscricións, ou sexa, que o 75% dos usuarios só suporían o 9% dos ingresos.
Spotify dispara as súas perdas
Compartir Este Artigo
