Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España lanza módem 4G con velocidades de ata 150Mbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

Vodafone España lanza módem 4G con velocidades de ata 150Mbps

Redacción
Publicado: 29/05/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

vodafone-wifi-r216z-2_detalle.jpgVodafone España vén de lanzar un novo módem Wi-Fi para tecnoloxía 4G. En base a isto, unha das súas principais características é que posibilita o acceso a Internet coa banda larga ultrarrápida da operadora, opción moi acaida para os usuarios que precisen conectarse en mobilidade (en vistas das vindeiras vacacións de verán, un bo número deles). O módem WiFi R216Z permite navegar “a máxima velocidade e desde calquera lugar”, sinala a operadora, que salienta as súas velocidades de ata 150 Mbps en descarga e 50 Mbps en subida de datos a Internet ou á Rede. O aparello, por certo, permite conectar ata 10 dispositivos de xeito simultáneo, ao converter o sinal 4G en Wi-Fi.
No que atinxe ás súas características concretas, amosa un reducido tamaño de 64,5 milímetros de ancho e 104 milímetros de alto, cun peso de 106 gramos. Dispón de batería con ata 10 horas de autonomía, fenda para inserir cartóns MicroSD de ata 32GB (non incluído) e é compatible con Windows (XP, Vista, 7) e Mac. O prezo é de 39 euros (sen compromiso de permanencia) ou de balde con compromiso dun ano coa tarifa Internet Móbil de 3,2 GB ou superiores.

Tecnoloxía 4G de Vodafone

O devandito aparello está feito para tirarlle partido á tecnoloxía 4G. Segundo fai saber a operadora reflectindo estudos de The State of LTE e Opensignal, esta conta arestora “coa rede 4G máis rápida do mundo”. A cobertura de Vodafone, no que se refire ao ámbito estatal, chega a día de hoxe a preto do 80% da poboación, conta con 7.200 nodos e está presente en preto de 1.300 concellos. Ademais, fornécese en todas as poboacións de 50.000 habitantes e poboacións costeiras (incluídas todas as capitais de provincia, Ceuta e Melilla) e no 95% das localidades de entre 25.000 e 50.000 habitantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?