Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: ILY: unha nova proposta de teléfono para toda a familia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

ILY: unha nova proposta de teléfono para toda a familia

Marcus Fernández
Publicado: 29/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ily_01.jpgEstamos afeitos a ver como os smartphones son xa unha ferramenta de comunicación normalizada en case todos os ámbitos, pero segue a existir unha carencia, o contorno familiar, onde un dispositivo tan persoal pode non encaixar todo o ben que debera, de aí que xurda a idea de ILY, un teléfono familiar con prestacións propias dun smartphone, pero pensado para substituír ao teléfono fixo básico e sendo apto para usuarios de todas as idades e que no que resta de mes pode reservarse a un prezo de 199 dólares (202 euros cos gastos de envío a España incluídos) e que recibirían os seus compradores no outono, de xeito que terían así un desconto do 33% no produto.
Con ILY os nenos poden conectar con calquera integrante da familia, comunicándose tanto con outros dispositivos ILY coma con smartphones, tabletas ou equipos informáticos que teñan instalada a aplicación de ILY, sendo posible establecer conversas en vídeo, chamadas, mensaxes ou compartir outros contidos; e no que se refire ao uso como teléfono, inclúe un terminal sen fíos para as chamadas, podendo conectarse a base do produto á liña telefónica tradicional, de xeito que teriamos unha especie de smartphone fixo (aínda que tamén pode empregarse sen ningún tipo de liña telefónica).
ily_02.jpgEstamos ante un dispositivo de 309 x 164 x 50 milímetros e 1,2 quilogramos de peso, cunha pantalla táctil de 8 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, conectores RJ11 (liña telefónica) e RJ45 (cable de rede), Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1 (facilitando que o ILY poida operar dun xeito semellante a un mans libres do noso smartphone), altofalantes estéreo, micrófonos de alto alcance, conector para auriculares RJ9, cámara e capacidades de VoIP integradas.
Os responsables deste invento aseguran que con este produto buscan facer máis doado que un proxenitor poida conversar cos seus pequerrechos cando está de viaxe, que os avós o teñan máis doado para conversar cos seus netos (sen ter que contar coa intermediación dos pais) e, simplemente, para facilitar a comunicación entre persoais de entre 3 e 93 anos.

Vídeo promocional de ILY

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026
TREBELLOS

Blackmagic Design presenta un micrófono para a captura de audio espacial

13/11/2026
TREBELLOS

Google e Samsung presentan as súas lentes con IA

12/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?