A xornada de clausura do Festival Internacional Mundos Dixitais 2015, que se desenvolve na sede de PALEXCO, acolle unha completa programación de relatorios de animación e efectos especiais e rematará coa esperada cerimonia de entrega dos premios 3DAwards e os premios do Festival Internacional de Animación.
A xornada contará con relatorios dos responsables das dúas series de televisión máis importantes da tempada de efectos visuais en produción nacional e internacional como son El Ministerio del Tiempo e Juego de Tronos.
O programa da mañá finaliza coa presentación da nova produción dos creadores de Tadeo Jones, Atrapa la bandera, que será unha das películas máis importantes do ano no xénero de animación e que estará nos cines a partires do 28 de agosto, e que serviu de imaxe para a presente edición do certame.
Pola tarde, e como broche ao Festival, celébrase a entrega de premios dos 3DAwards así como do Festival Internacional de Animación. Este último outorga, cada ano, catro premios nas categorías de: Mellor Curtametraxe de Animación, Mellor Curtametraxe Nacional, Premio Especial do Xurado e Premio Especial do Público. Sergio Pablos, supervisor de animación de películas como Tarzán, El jorobado de Notre Damme ou El Planeta del Tesoro será quen reciba o Premio Especial de Mundos Dixitais pola súa traxectoria profesional.
PROGRAMA DO SÁBADO
MAÑÁ
10:00 - 11:00 A postproductora que
fai realidade as viaxes o tempo
David Heras - VFX Supervisor / Charly Puchol - VFX Film Producer - User T-38
11:00 - 12:00 Realidade virtual sen límites
(Sick VR)
Andrew Daffy - Founder - The House of Curves
12:00 - 13:00 A vida animada por ordenador
Hidetaka Yosumi - Character Technical Supervisor - Ilion Animation Studios
13:30- 14:30 Transmitindo emocións en
“Atrapa la Bandera”
Maxi Díaz - Animation Supervisor- Lightbox Entertainment
TARDE
16:00 - 17:00 Concepción e desenvolvemento
de proxectos
Sergio Pablos - Creative Director and CEO - The SPA Studios
17:00 - 17:30 “Cuerdas”. Unha viaxe emocional
Pedro Solís – Director
18:00 - 18:45 Proxección finalistas -
CGArchitect Film Festival
18:45 - 19:30 Proxección finalistas -
Festival Internacional de Animación
20:00 - 21:00 Cerimonia de entrega de premios
3DAwards - Festival Internacional de Animación Premio Especial Mundos Digitales
2015 | Sergio Pablos
21:30 - 24:00 Cóctel de despedida
