Nos anos 80 a informática persoal aínda non era territorio exclusivo dos IBM PC compatibles, e puidemos ver como se evolucionou dende os básicos equipos de 8 bits como o ZX Spectrum ata os ordenadores de 16/32 bits como o Atari ST, conseguindo tamén destacar o fabricante Commodore, que tras o éxito do seu Commodore 64 (un dos ordenadores máis icónicos de todos os tempos) conseguiu adaptarse aos novos tempos coa súa familia Amigo, sendo o Commodore Amiga 1000 (A1000) o primeiro ordenador da serie, que hoxe mesmo cumpre 30 anos.
Estamos a falar dun equipo cun procesador Motorola 68000 a 7,09 MHz, 256/512 KB de RAM, vídeo de 12 bits (4.096 cores), audio de 4 canles de 8 bits, disqueteira de 3,5 polgadas e sistema operativo de seu (AmigaOS), ou sexa, unha interesante achega ao que serían os ordenadores persoais no futuro, pero aínda cun prezo moi elevado (nos EE.UU. saíu á venda a 1.595 dólares con monitor), algo que duraría bastante un par de anos despois co Commodore Amiga 500, o equipo máis popular da familia, que saíra á venda nos EE.UU. por 699 dólares o que permitiulle rememorar parcialmente o éxito do Commodore 64 (está considerado como o seu sucesor espiritual) pero destacando polo feito de conseguir un importante volume de vendas en Europa. Estímase que deste modelo chegarían a venderse uns 6 millóns de unidades en todo o mundo, que pese a non chegar aos 12,5 millóns de unidades do C64, foi todo un logro para unha época na que os IBM PC xa estaban a coller pulo.
Gala de presentación do Commodore Amiga celebrada en New York hai 30 anos
O Commodore Amiga cumpre 30 anos
Compartir Este Artigo
