Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega ás tendas o agardado Gears of War: Ultimate Edition
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Chega ás tendas o agardado Gears of War: Ultimate Edition

Marcus Fernández
Publicado: 28/08/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gow_ue_captura_01.jpgA data que agardaban moitos usuarios de Xbox One por fin chegou, e o xogo Gears of War: Ultimate Edition xa está dispoñible para a súa compra e descarga, de xeito que este clásico para Xbox 360 por fin pode gozarse en consolas de nova xeración tras verse sometido a unha profunda remasterización e modernización e incluíndo 5 capítulos de campaña nunca publicados para consola.
gow_ue_captura_03.jpgA primeira entrega de Gears of War pode agora gozarse con gráficos a 1.080p e 60 cadros por segundo, con efectos de iluminación mellorados, personaxes máis detallados e escenas cinemáticas recreadas. Os modos multi-xogador tamén se enriqueceron, incluíndo Team Death Match, King of the Kill e 2v2, un modo especial de 2 contra 2 deseñado pola propia comunidade do xogo. O xogo tamén dá acceso prioritario á beta de Gears of War 4, xogo que chegará no inverno de 2016.
gow_ue_captura_02.jpgPero para moitos o mellor desta edición definitiva de Gears of War non é só que facilite a recuperación dun título que marcou un antes e un despois nos shooters para consola, creando escola co seu sistema de coberturas, senón que tamén é moi destacable por ser o primeiro produto que vai tirar un proveito efectivo da retrocompatibilidade con Xbox 360 que vai estrear a Xbox One no outono, xa que ao mercar este novo xogo tamén se reciben en formato descargable a colección completa da saga para Xbox 360, de xeito que os 4 xogos orixinais poden gozarse sen a súa pertinente remasterización, pero contando cos elementos propios do xogo en Xbox One (como poder facer capturas de pantalla, gravar partidas e facer streaming dos xogos a un ordenador con Windows 10). Estes xogos só estarán dispoñibles sen custo adicional ata o 31 de decembro.
Adicionalmente tamén é posible mercar este xogo en lote cunha Xbox One, que actualmente ofrécese ao prezo reducido de 369,99 euros (o que supón un aforo de 30 euros fronte a seu prezo habitual).



Tráiler de Gears of War: Ultimate Edition

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?