Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Igaciencia abre en Santiago unha mostra sobre a tecnoloxía de luz feita case toda ela con Raspberry Pi
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Igaciencia abre en Santiago unha mostra sobre a tecnoloxía de luz feita case toda ela con Raspberry Pi

Redacción
Publicado: 03/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

igaciencia_mostra_luz2.jpgHoxe inaugúrase na Galería Sargadelos de Santiago a mostra A Ciencia e a Tecnoloxía da Luz, unha exposición de Igaciencia co que se quere conmemorar o Ano internacional da Luz e o día da Ciencia en Galego 2015. A exposición, que ao fío das 19.00 horas achega unha visita guiada para o profesorado e para as persoas interesadas nela, fornece unha serie de claves científicas e tecnolóxicas a ter moi en conta, sobre todo dende un punto de vista maker e de desenvolvemento colaborativo de tecnoloxías sen cancelas. Segundo informa Igaciencia, será unha mostra pioneira no ámbito do hardware libre. De feito, trátase con toda probabilidade da primeira exposición elaborada (na súa maioría) con Raspberry Pi, que é, como lembraremos, a placa computadora de baixo custe desenvolvida no Reino Unido pola fundación do mesmo nome co obxectivo de estimular o ensino de ciencias da computación nas escolas.
Entre outras cousas, a mostra inclúe unha porta láser vernier conectada a un hardware Arduino e a súa vez conectado a un pequeno computador Raspberry. Tamén se amosará o potencial de programar dende un Raspberry a un Arduino e controlando a cor dun Led RGB, tarefa que achega interesantes posibilidades para presentar novidades tecnolóxicas (unha cámara de infravermellos vista desde un Raspberry) ou como sistema de presentación de custe accesible de programas ou vídeos.
igaciencia_mostra_luz.jpgNo que respecta aos cativos, a exposición achegaralles unha boa oportunidade para “gozar con ducias de periscopios, calidoscopios, microscopios, caixas do infinito, simetrías con espellos, calidoscopios poliédricos e demais”, sinala Igaciencia, que tamén recorda que a mostra vai significar para os pequenos unha ocasión moi axeitada para introducirse nos ámbitos da realidade virtual, a realidade aumentada e as 3D, e todo a través dos dispositivos móbiles (a organización da mostra vailles propoñer ao centos educativos que os alumnos baixen programas preparados para usárense con lentes de deseño Google).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?