A desastrosa comunicación de Microsoft durante a presentación da Xbox One durante a feira E3 anterior ao seu lanzamento levou a que os consumidores chegaran a entender que a nova consola precisaba de conexión a Internet constante para funcionar, e como rexeitamento a esta medida optaron pola consola de Sony, que conseguiu arrebatar o liderado á compañía de Redmond incluso no mercado norteamericano, o que permitiu que hoxe poidan presumir de que a PlayStation 4 xa superou os 30,2 millóns de unidades a nivel mundial, converténdose na consola PlayStation de maior crecemento na historia, pese a que había moitas voces que apuntaban a que as consolas de videoxogos estaban destinadas a desaparecer.
Dende Sony presumen do feito de que a PlayStation 4 converteuse nunha plataforma de lecer dixital moi completa, que tanto ofrece xogos en formato físico e descargable, como tamén abre a porta a diferentes servizos en liña como o seu PlayStation Plus ou as aplicacións que facilitan o acceso a contidos de vídeo, música e televisión, converténdose no corazón multimedia de moitos salóns domésticos.
Curiosamente Sony consegue chegar á campaña de Nadal con magníficos resultados para a súa consola que non veñen acompañados por un bo catálogo de xogos exclusivos (no que se ven moi superados pola consola de Microsoft), pero confían en ter un bo Nadal xa que en 2016 equilibrarán a balanza, e teñen xa previstos grandes títulos como a cuarta entrega da saga Uncharted.
A PlayStation 4 supera os trinta millóns de unidades
Compartir Este Artigo
