Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 20 mozos galegos poderán beneficiarse do programa Yuzz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

20 mozos galegos poderán beneficiarse do programa Yuzz

Redacción
Publicado: 14/12/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

yuzz_mozos_correndo.jpgA Consellería de Economía, Emprego e Industria apoiará a VII edición do programa Yuzz para impulsar o talento da mocidade galega que conta con ideas innovadoras. Esta iniciativa está coordinada polo Centro Internacional Santander Emprendemento (CISE) co mecenado do Banco Santander, a través de Santander Universidades, e conta, ademais da colaboración da Xunta, coa da Universidade de Santiago.
O prazo para remitir as solicitudes a este programa remata mañá. Os interesados poden presentar as súas candidaturas a través do formulario dispoñible na páxina web do programa. Nesta edición, convócanse 20 prazas para Santiago. Polo tanto, Yuzz ofrecerá formación, apoio e asesoramento a 20 mozos e mozas de entre 18 e 31 anos no centro de alto rendemento, emprazado no edificio Emprendia Campus Vida s/n, onde contarán cun espazo físico para desenvolver a súa idea, ao tempo que poderán relacionarse con outros emprendedores, recibir formación impartida por expertos profesionais e ser asesorados por titores individuais. En concreto, reciben esta formación, apoio e asesoramento ao longo de 5 meses para elaborar plans de negocio baseados en ideas de base tecnolóxica.
O mellor emprendedor do Centro Yuzz Santiago ganará unha viaxe a Silicon Valley, onde se lle brindará acceso a foros de financiamento, asesoramento en internacionalización e contacto con investidores. Ao seu retorno, poderá competir cos mellores proxectos nacionais para acelerar o desenvolvemento do seu negocio. Haberá premios de 30.000, 20.000 e 10.000 euros.
Ademais, este ano, como novidade, haberá un galardón novo, Yuzz Muller, que se convoca co apoio da Fundación EY e polo que se concederán 20.000 euros ao mellor proxecto liderado por unha das mulleres participantes en Yuzz.
Nas edición anteriores creáronse máis de 500 empresas e no último ano participaron 900 emprendedores con 710 proxectos en 41 centros Yuzz de toda España. O centro de Santiago acadou o primeiro premio nacional dotado con 30.000 euros na edición VI co proxecto Situm e o segundo premio nacional dotado con 20.000 euros co proxecto Loar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?