As edicións de consolas con xogo incluído non son exclusiva da campaña de Nadal, e para demostralo temos que, aparte do recentemente anunciado lote que inclúe unha PlayStation 4 con 1 TB de disco duro e o xogo Far Cry Primal (que verá a luz o 23 de febreiro) tamén terá un pack semellante, que sairá un chisco antes (o 16 de febreiro) incluíndo unha copia física do agardado Street Fighter V.
Os interesados en mercar a consola xunto co xogo poden comezar a consultar a dispoñibilidade cos distintos distribuidores, aínda que coñecendo a popularidade do xogo é de esperar que sexa relativamente doado conseguir un lote de PS4 co que promete ser o xogo de loita do ano.
O xogo Street Fighter V poderase mercar conxuntamente cunha PS4
Compartir Este Artigo
