Unha das novas que máis interese espertou entre os nosos lectores nos últimos meses foi a chegada co Xiaomi Mi4 á tenda en liña Opirata.com, co reclamo de que o smartphone non só tiña garantía española, senón que o servizo técnico tamén o tiña en Galicia, e finalmente a compañía que facilitou esta importante vantaxe o anuncia publicamente, confirmando a compostelá Blusens que é distribuidor oficial en España de Xiaomi, e para celebralo oferta na súa tenda en liña o mencionado Xiaomi Mi4 a só 229 euros ata o 12 de febreiro.
O Xiaomi Mi4 é un smartphone con pantalla IPS Full HD de 5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdragon 801, 3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno, cámaras Sony de 13 e 8 Mpíxeles, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.0, batería de 3.080 mAh, 8,9 milímetros de grosor e 149 gramos de peso, que no seu momento foi o móbil insignia de Xiaomi, aínda que cómpre salientar que estamos ante a versión que carece de conectividade 4G.
Blusens convértese en distribuidor oficial de Xiaomi para España
Compartir Este Artigo

