O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS) celebrará o vindeiro 8 de xullo a II Xornada de Demostracións Tecnolóxica Inside the Lab, oportunidade para demostrar a capacidade de transformar os resultados científicos en tecnoloxías innovadoras, que nalgún caso sitúanse como referente mundial. Estamos ante unha xornada de visualización do talento, da exploración de novos desafíos e de constatación de como a investigación que se fai dende a USC pode facerse un oco entre a vangarda tecnolóxica.
A través da páxina web da xornada é posible inscribirse para poder acudir a esta actividade que estará dividida en 18 demostracións descritas do seguinte xeito:
– Do Big Data ao Data-to-Text
– Recomendacións que axudan a elixir mellor
– Autocoidado e mellora da adherencia a medicación
– Estás deseñando un produto? Predición do gusto do consumidor
– Tecnoloxía Lingüística para extraer información do magma textual
– Localización e reconstrución 3D dunha escena
– Minería de procesos: queres saber o que realmente sucede no teu negocio?
– Visualización da información enerxética dun edificio
– Acceso integrado a datos medioambientais
– Estimación de volume en imaxe de resonancia magnética
– Monitorización de tráfico mediante visión por computador
– Visión 3D mediante sensores de tempo de voo
– Análise de territorio mediante imaxe hiperespectral
– Solución LIDAR aerotransportadas
– Spin-off: Situm, indoor positioning
– Spin-off: Imagames
O CiTIUS celebrará unha xornada de demostracións o 8 de xullo
Compartir Este Artigo

