No ano 2012 a revista norteamericana Nintendo Power dixo adeus tras 24 anos nos quioscos, nos que achegou información sobre as consolas de Nintendo e os seus xogos que foron saíndo nunhas décadas históricas para a industria do videoxogo, e para que poidamos revisar toda esa época dende Archive.org veñen de publicar o arquivo cos 13 primeiros anos da publicación dixitalizados, ou sexa, que podemos consultar vía web e totalmente de balde dende o número 1 publicado en xullo de 1988 ata o número 145 de xuño de 2001.
Confíanse en que pouco a pouco vaian completar o arquivo cos exemplares da Nintendo Power, publicación que resulta moi interesante revisar, tanto polos seus artigos como pola publicidade que plasmaron as súas páxinas e que son un reflexo tanto do fenómeno das consolas de videoxogos domésticas como da época na que as revistas impresas eran a principal fonte de información dos afeccionados aos videoxogos.
Archive.org recolle os 13 primeiros anos da revista Nintendo Power
Compartir Este Artigo
