A revista Nintendo Power despídese homenaxeando o seu primeiro número

luns, 3 de decembro do 2012 Marcus Fernández

Tras anunciarse no verán que a revista Nintendo Power ía dicir adeus tras 24 anos nos quioscos norteamericanos, esta publicación histórica do mundo dos videoxogos abandonará o papel o vindeiro 11 de decembro dun xeito moi especial: cun número de despedida no que homenaxean o primeiro número da publicación.
O primeiro número de Nintendo Power amosaba unha escena de New Super Mario Bros. 2 esculpida en barro, que no derradeiro exemplar da publicación recréase aproveitando o lanzamento de New Super Mario Bros. U, o novo xogo de Mario para Wii U.
O derradeiro número da Nintendo Power aproveitará a súa despedida para facer un repaso dos seus preto de 25 anos de historia e unha selección dos que consideran que son os mellores xogos de todos os tempos. Tampouco esquecen o lanzamento da Wii U, e dedican á nova consola de Nintendo nada menos que 20 páxina para analizala. Sen dúbida, un número para o recordo, que agradecerán os fieis seguidores de Nintendo.
A desaparición deste tipo de publicacións responde ao feito de que xa non acadan o seu principal obxectivo, servir de promoción dos videoxogos entre o público infantil e xuvenil, pois as novas xeracións de xogadores están afeitos a informarse a través da Internet, e non recorren ao quiosco para saber das últimas novidades do sector dos videoxogos, de aí que este tipo de revistas estean condenadas ao peche, como tamén acontece coa revista oficial de PlayStation (que pecha nos EE.UU.).

O derradeiro número da Nintendo Power será toda unha xoia para os nostálxicos

PUBLICIDADE