Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sony prepara o lanzamento de 2 novos modelos de PlayStation 4
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Sony prepara o lanzamento de 2 novos modelos de PlayStation 4

Marcus Fernández
Publicado: 07/09/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

29528578315_c14c821b1b_o.jpgSony organizou esta tarde un evento chamado PlayStation Meeting no que esperábase a presentación de novos modelos de consolas de videoxogo que actualizasen a xeración actual, e os prognósticos cumpríronse, aínda que cunha proposta máis tímida do que moitos demandaban.
Por unha banda temos que a PlayStation 4 estándar vai renovarse a partires do 16 de setembro por un modelo máis delgado e lixeiro, que terá un prezo de 299,99 euros. Concretamente a nova PlayStation 4 ocupa un 30% menos, reduce o seu prezo un 16% e tamén baixa o seu consumo enerxético nun 30%. Temos así a natural consola Slim á que Sony nos ten afeitos dende a súa PlayStation 2.
28905526793_42891583a8_o.jpgMáis importante sería o anuncio da PlayStation 4 Pro (coñecida ata o momento como PlayStation 4 Neo), que chegará ás tendas o 11 de novembro a un prezo de 399,99 euros, e que suporá a mellora dos xogos de PlayStation 4 ao permitir imaxes de resolución 4K e con HDR, así como unhas taxas de refresco máis suaves, ou sexa, que grazas a unha gráfica moito máis potente conseguirase que os xogos se vexan aínda mellor (especialmente se temos un televisor de ultra alta definición).
A nova consola de maior potencia será compatible cos xogos anteriores de PlayStation 4, sendo preciso que en moitos casos haxa que descargar un parche para que melloren automaticamente ao xogarse na nova máquina, aínda que os futuros lanzamentos xa incorporarían as melloras no propio disco, estando confirmado que aproveitarán o novo hardware títulos como Call of Duty: Infinite Warfare, Horizon: Zero Dawn, Mass Effect: Andromeda e Days Gone.
ps4_pro_netflix_luke_cage.jpgNo caso de que non contemos cun televisor de ultra alta definición tamén beneficiarémonos da potencia adicional, conseguindo que todos os xogos funcionen a Full HD e cunha taxa de fotogramas superior, aínda que un televisor UHD sería máis que recomendable para a PS4 Pro, xa que non só empregaría o seu hardware para os xogos, senón que tamén o aproveitaría para o vídeo, e concretamente están a prepararse aplicacións oficiais de Netflix e YouTube que aproveiten o 4K e o HDR da nova consola.
Na presentación da PS4 Pro o máximo responsable da división de videoxogos de Sony, Andrew House, destacou que no momento de lanzamento da nova consola Netflix xa contará con 600 horas de contidos en 4K con HDR, de xeito que os que combinen a consola de alta gama cos televisores compatibles con esta tecnoloxía poderán gozar dunha calidade de imaxe impresionante.
Sorprendentemente os contidos en 4K con HDR que non soportará a PS4 Pro será os que veñen en discos Blu-ray, algo que si fai a Xbox One S de Microsoft, que ten un prezo inferior, e queda demasiado preto en prestacións da nova consola de Sony, o que precisamente fai que a PS4 Pro resultase un tanto decepcionante, xa que para o Nadal de 2017 está previsto o lanzamento dunha Xbox One renovada en potencia que podería deixar en ridículo a unha consola que leva o sufixo Pro no seu nome (aínda que tamén está previsto que teña un prezo bastante elevado, para poder incluso competir cos potentes ordenadores que habitualmente teñen os PC gamers).
ps4_pro_andrew_house.jpgUn detalle a salientar é que, o elemento que consideran que vai marcar a diferencia para a meirande parte dos usuarios, o HDR, non será exclusivo da PS4 Pro, senón que chegará incluso ás primeiras PS4 a través dunha actualización de firmware (aínda que teremos que ter un televisor compatible para poder tirar proveito da funcionalidade).
Afondando nas especificacións, a nova PlayStation 4 (CUH-2000) ten un procesador AMD Jaguar de 8 núcleos, gráfica AMD Radeon que consegue chegar aos 1,84 TFLOPS, 8 GB de GDDR5, Wi-Fi AC (os modelos anteriores viñan con Wi-Fi N), Bluetooth 4.0 (os modelos anteriores viñan con Bluetooth 2.1) e un consumo máximo de 165 watts, mentres que a PlayStation 4 Pro (CUH-7000) cambia practicamente na súa gráfica (que agora chegaría ata os 4,20 TFLOPS) e cun consumo máximo de 310 watts, ou sexa, que parece razoable pensar que o grande cambio que se esperaba da PS4 quedou nunha simple actualización da súa tarxeta gráfica, o que permitirá que non se teña que facer un cambio de xeración de consolas real, pero si unha mellora gráfica moi demandada (que agradecerán especialmente os usuarios de PlayStation VR), iniciando un curioso sendeiro das consolas de Sony no que se explora a renovación parcial de hardware como solución para evitar o lastre de plataformas con varios anos de vida.


Vídeo no que revelan a nova PS4 Pro

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?