Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do IES Brión acada o terceiro posto no certame Wisibilízalas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do IES Brión acada o terceiro posto no certame Wisibilízalas

Fernando Sarasketa
Publicado: 15/02/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iesbrion.jpgOs días pasados puidemos saber que a equipa de mozas/os innovadoras/es Brión 2, pertencente ao IES de Brión, resultara finalista no concurso Wisibilízalas da Universitat Pompeu-Fabra, xunto con outros tres equipos de colexios e institutos de todo o ámbito estatal. Agora, o centro educativo e o Concello veñen de informar que a equipa local conseguiu finalmente o terceiro posto na final do devandito certame, unha iniciativa convocada co obxectivo de “dar visibilidade ás mulleres que traballan no ámbito das TIC e potenciar as referencias femininas no ámbito da ciencia e da tecnoloxía”.
O concurso, que se resolveu este 11 de febreiro na Universitat Pompeu Fabra, consistía na creación dunha páxina web que describise a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das novas tecnoloxías da información.
O acto de entrega de galardóns coincidiu co Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nel participou a profesora de Tecnoloxía do IES de Brión, Luz Ramos López, quen foi a encargada de recoller o premio en Barcelona.
iesbrion2.jpgEste galardón foi outorgado a un grupo formado por alumnado de 1º de Bacharelato (de TIC) e 4º de ESO (Educación Plástica, Visual e Audiovisual) en recoñecemento á calidade da páxina web Mulleres TIC, na que se describe a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballan no ámbito das tecnoloxías da información e da comunicación como Belén Masía, Begoña García, Rosa Monge, Sabela Ramos e Clara Bayarri.
O equipo gañador do certame estaba composto polos alumnos e alumnas: Carmen Alonso Lameiro, Pablo Bouzas Casal, Alejandro Dosil Souto, Carla Fernández Montero, Carmen González Pazos, Xosé Lois Piñeira, Martiño Lorenzo García, Karen Manukyan, Patricia Sánchez Petruk e Carmen Trigo Cobas. Dende o IES de Brión salientan que, detrás deste traballo e debido ás dinámicas de aula (que favorecen que o alumnado colabore e comparta materiais) hai un grupo máis nutrido de alumnado que merece este recoñecemento como: José David Aldana Sierra, Antón Carcedo Martínez, Hugo Fiz González Pérez, Ricardo Horta Cadenas, Brais Liñares Gesto, Alberte Xosé López Freire, Carmen Mª Martínez Santos, Irene Nimo Ares, Martín Soto García e Manuel Vázquez Dosil.
O primeiro premio do certame foi para o IES Gorgs, de Cerdanyola del Vallés (Barcelona) por Wisiborgs, mentres que o segundo posto recaeu en MaristasAlicante2, do Sagrado Corazón HH. Maristas (Alacante).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?