Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entréganse os premios Inventa en Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entréganse os premios Inventa en Galego

Redacción
Publicado: 19/06/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

inventa_en_galego_01.jpgO secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presidiu esta mañá no IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña a entrega do III premio Inventa en Galego que promove Igaciencia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. O galardón recaeu este ano na aplicación BiciCoruña, elaborada por alumnado de segundo de bacharelato do dito centro educativo baixo a dirección da profesora Paz Freire Campo. O segundo premio recaeu no conxunto de apps presentadas polo estudantado de primeiro de bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor de Culleredo, coordinado polo docente Ángel Acción Lamas.
Valentín García explicou que o certame Inventa en Galego ten unha dobre repercusión: «primeiro, no alumnado que elabora as aplicacións e descobre a utilidade do galego para desenvolver os seus proxectos tecnolóxicos; despois, nos usuarios e usuarias de apps tan interesantes e útiles como as que hoxe premiamos, que ven a posibilidade de empregar a nosa lingua na resolución dos seus problemas cotiáns a través das novas tecnoloxías».
Oinventa_en_galego_03.jpg secretario xeral de Política Lingüística estivo acompañado durante a entrega dos galardóns polo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; polo presidente de Igaciencia, Manuel Díaz, e pola directora do IES anfitrión, Estrella Pérez. No mesmo acto, entregáronse tamén os premios Sensores para Todos, que Igaciencia leva adiante co apoio do Concello da Coruña.

Proxectos premiados

inventa_en_galego_02.jpgBiciCoruña, a creación do IES Menéndez Pidal que se fixo co primeiro premio desta terceira edición de Inventa en Galego, é unha app que mostra as paradas de bicicleta da cidade herculina, sinala a súa situación nun mapa e dá información da ocupación dos postos de bicicleta en tempo real. Ademais, permite acceder directamente ás paradas seleccionadas como favoritas.
O IES de Culleredo obtivo o segundo premio por un conxunto de sete aplicacións. Unha delas, Auxilia2, céntrase nos primeiros auxilios e preséntase como unha app «coa que poderás salvar máis dunha vida». A ela súmanse Actividades alternativas, centrada nas propostas de ocio que ofrece a cidade da Coruña, e 5 aplicacións relacionadas coa localidade de Culleredo: Estudonde, app educativa con información de colexios, institutos, academias e bibliotecas da vila; “Goce Culleredo”, con actividades didácticas ou de ocio; Coffeeredo, sobre bares e cafeterías; Cómete Culleredo, destinada a fomentar o turismo e a gastronomía, e CulleSport, que contén «todo o deporte de Culleredo nunha app».
Canto ao concurso Sensores para Todos, os premiados foron o IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña co proxecto Con Science Journal, o IES de Brión con Interpretación virtual interactiva, o IES Ortigueira con Domótica e vivenda bioclimática, o IES Concepción Arenal de Ferrol con Sensor de temperatura TMP36 de arduino1 e o IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa con Máquina medidora da radiación ultravioleta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?