Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Improving Metrics mostra este martes como extraer información de valor dos nosos sorrisos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Improving Metrics mostra este martes como extraer información de valor dos nosos sorrisos

Fernando Sarasketa
Publicado: 17/09/2018
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Jesús Echarri, de Improving Metrics
Jesús Echarri, de Improving Metrics
A firma galega Improving Metrics, con sede na Coruña e centrada en achegar servizos integrais de analítica e de estratexia dixital, vainos levar da man á vangarda da análise da información: a análise de cousas que nos rodean e cuxa “mensaxe”, sen tecnoloxías axeitadas, ficaba ata o de agora oculta ou semi-oculta. De que maneira nos vai levar da man? Pois coa celebración dun evento, en compañía de Google, que servirá para mostrar o potencial dun colectivo determinado, neste caso os asistentes reunidos na xuntanza, para crear coñecemento de valor. Máis en detalle, Improving Metrics demostrará como se poden extraer datos de gran utilidade dos sorrisos dos asistentes.
Farao empregando o seu sistema de visión artificial e un software desenvolvido pola propia firma Coruña e “integrado” en diversas cámaras (tecnoloxía RSO, Smile Rate Optimization). Esta ferramenta informática permite estimar os estados de ánimo das persoas e establecer o seu rango de idade e xénero. O sistema, baseado en metodoloxías de Intelixencia Artificial, será utilizado o martes 18 de setembro no evento Improving Minds, na Coruña, organizado por Improving Metrics e que conta coa participación de varios relatores de Google. Amais, tamén farán acto de presenza o actor Manuel Chacón e o cómico Perico Rober. A cita desenvolverase de 16.00 a 19.00 horas, na sede da Fundación Paideia.
Segundo explica a empresa galega, o software destas cámaras, que segue un modelo de redes neuronais, é capaz de clasificar, recoñecer patróns e medir distintos estados de ánimo, como tristura, alegría, abraio ou decepción.
Pola súa banda, os relatores de Google, Déborah Fernández e Jaime Perujo, darán a coñecer as posibilidades de medición e personalización de Google Mercadotecnia Platform, a nova plataforma anunciada pola compañía estadounidense o pasado 27 de xuño e que facilita a tarefa de analizar os resultados de mercadotecnia e coñecer a experiencia do usuario.
Jesús Echarri, director executivo (CEO) de Improving Metrics, dará a súa visión sobre a práctica da “datoloxía” e de como, na súa opinión, “mudará a relación entre o home e a tecnoloxía nun futuro próximo”. Pola súa banda, Javier Consuegra, encargado do desenvolvemento de negocio da empresa, será quen analice o éxito do evento, grazas aos datos achegados por este sistema de visión artificial.
Improving Minds contará coa presenza de clientes, profesionais da área de analítica e mercadotecnia dixital de grandes empresas galegas e de centros de investigación do ámbito universitario.
Segundo lembra a empresa galega acerca do tema a tratar, o tema da información (e ata que punto esta información está presente en estado bruto en múltiples recantos da nova vida), na actualidade os datos convertéronse nun valioso recurso.” O 90 % dos líderes de negocios citan aos datos como un dos factores fundamentais para as empresas e as cámaras de visión artificial ofrecen un futuro cheo de posibilidades”, explica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?