Microsoft desvelou os Xogos con Gold do mes de xaneiro, sorprendendo moi agradablemente por incluír Celeste, un xogo independente que está considerado como un dos mellores títulos de 2018, atesourando unha chea de recoñecementos (nos Game Awards levou os premios ao mellor xogo independente e aos xogo de maior impacto, quedando finalista como mellor xogo do ano na categoría absoluta), polo que agora chegará a un público máis amplo que poderá comprobar en primeira persoa se Celeste achega unha experiencia tan boa.
A este xogo de Xbox One seguirao a partires do 16 de xaneiro o título de condución WRC 6¸ que veu a luz hai un par de anos, e permitía introducirse no mundo dos rallys dun xeito moi completo, contando incluso con modo multixogador local.
Os títulos para Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) de xaneiro serán Lara Croft: Guardian of Light (que sorprende porque formou parte dos Xogos con Gold hai 4 anos) e Far Cry 2, xogos bastante importantes no seu día que ofrecen así unha nova oportunidade para gozar dos mesmos.
O mellor xogo independente de 2018 estará nos Xogos con Gold de xaneiro
Compartir Este Artigo

