A franquía de xogos de Phoenix Wright está moi asociada ás consolas portátiles de Nintendo, onde convertéronse en todo un referente, especialmente no Xapón, e aínda que nos últimos anos adaptáronse a dispositivos móbiles, faltáballes dar un grande salto para achegarse a un público máis amplo, e por fin chegou o momento co lanzamento de Phoenix Wright: Ace Attorney Trilogy para Xbox One, PlayStation 4, Nintendo Switch e PC.
Temos así que os usuarios de consolas de videoxogos da presente xeración e tamén de ordenadores persoais poden gozar dunha recompilación que inclúe os tres xogos orixinais da saga: Phoenix Wright: Ace Attorney, Phoenix Wright: Ace Attorney – Justice for All e Phoenix Wright: Ace Attorney – Trials and Tribulations. Cómpre salientar que falamos das versións dos xogos optimizadas para pantallas de alta definición, para que en máquinas modernas poidamos gozar destes xogos dun xeito minimamente digno, aínda que tamén hai que advertir que os xogos só están dispoñibles en xaponés e inglés, estando previsto que no verán reciban actualizacións engadindo outras linguas (alemán, francés, coreano e chinés).
Tráiler de lanzamento de Phoenix Wright: Ace Attorney Trilogy

