Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Technium R Encounter muda de espazo e medra en velocidade de acceso á Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Technium R Encounter muda de espazo e medra en velocidade de acceso á Rede

Redacción
Publicado: 29/04/2019
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

technium_edicion2018.jpgA party galega Technium R Encounter celebrará a súa edición vindeira edición entre os días 3 e 5 de maio estreando recinto, xa que nesta sétima convocatoria trasládase a Expourense, e tamén multiplica por 10 a velocidade de conexión á Rede dos participantes. Ademais, contará cunha nova zona, aberta ao público e de acceso libre e de balde, na que poderán coñecer de preto as últimas novidades tecnolóxicas.
Deste xeito, preto de 500 participantes tomarán parte nun evento sen ánimo de lucro organizado pola asociación Technium e que conta co patrocinio da Xunta de Galicia, de R e de Expourense. Os organizadores esperan que o novo espazo aberto ao público, denominado Extranet, tamén atraia centos de visitantes, xa que poderán acceder a conferencias gratuítas e zonas dedicadas ás impresoras 3D, os videoxogos e a realidade virtual.
Esta LAN party mantén a súa aposta por crear un punto de encontro para os amantes das novas tecnoloxías. Os participantes poderán tomar parte en torneos competitivos de eSport, e en competicións de arte dixital, hardware, ou software libre, entre moitas outras actividades lúdicas e formativas.
O billete dá dereito a un espazo propio con conexión eléctrica e Internet, e haberá habilitadas zonas de acampada. O prezo dos billetes para toda a party é de 32 euros, pero tamén haberá billetes para un día, ao prezo de 10 euros.

Torneos de eSports, talleres de robótica e un dummy espacial

Desde o xoves 3 de maio ás 18:00 horas ata o domingo, a Technium R Encounter albergará diferentes torneos de eSports, como League of Legends, Counter Strike, Hearthstone, Overwatch, FIFA19, Super Smash Bros, Dragon Ball FighterZ, Just Dance, Old School Games e xadrez.
Nesta edición potenciaranse as actividades formativas, con obradoiros e conferencias sobre temas de actualidade relacionados coas novas tecnoloxías. En concreto, Camp Tecnolóxico impartirá obradoiros informáticos para nenos e nenas, con actividades como a creación de tiras de luces LED ou a programación de robots, incluíndo a disputa dun partido de fútbol entre robots.
Pola súa banda, R leva á Technium deste ano a súa acción crea R, incluída no programa Digitalent 2020 da AMTEGA. Nos obradoiros, nenos e nenas aprenderán a programar para crear unha cidade prototipo e mentres, os adultos resolverán dúbidas e recibirán consellos sobre o bo uso das novas tecnoloxías da man dun pedagogo. Para participar é preciso inscribirse en liña.
Ademais, como o ano pasado, tamén estará nesta edición da Technium R Encounter o proxecto Hana Hamsternauta, que propón o lanzamento dun dummy ao espazo coa axuda dunha sonda e dun globo meteorolóxico para conseguir as mellores métricas e recuperalo posteriormente con vida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?