Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Denuncian que Amazon destrúe produtos novos para liberar espazo nos seus almacéns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Denuncian que Amazon destrúe produtos novos para liberar espazo nos seus almacéns

Marcus Fernández
Publicado: 13/05/2019
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

amazon_capital_rtl.jpgCando falamos dos xigantes do comercio electrónico é habitual criticar o seu impacto no pequeno comercio ou no sector da loxística, pero algo que era difícil de sospeitar era unha práctica que están a destapar e que pode resultar escandalosa: destrúen millóns de produtos novos sen vender.
Unha cámara oculta do programa Capital da RTL amosaba almacéns franceses de Amazon, atopando unha sección na que ían a parar produtos sen vender que remataban soterrándose ou incinerándose, e entre os que había produtos de todo tipo, dende cueiros ata televisores, pasando por xoguetes, produtos que nalgúns casos superan os 100 euros de prezo, polo que sorprende que consideren máis rendible a súa destrución que a súa devolución ao vendedor que os remitiu aos almacéns de Amazon.
Dende o Daily Mail quixeron trasladar a investigación francesa ás instalacións británicas, descubrindo que a destrución de produtos novos tamén se realizaba, recoñecendo responsables compañía que «algúns produtos devólvense aínda que outros son destruídos», aínda que os voceiros de Amazon aseguran que doan boa parte dos produtos a entidades benéficas.
Na investigación británica destacan que Amazon cobra 22 libras por cada metro cadrado de espazo nos seus almacéns para gardar os produtos de vendedores externos, pero ese espazo pode subir o seu prezo a 430 libras tras 6 meses e a 860 libras tras un ano e, no caso de querer liberar o espazo, a compañía cóbralles ata 17 libras por devolución ou uns 13 peniques pola destrución, de aí que esta última opción resúltalles máis asumible, provocando a que se normalice unha práctica que resulta moi pouco desexable tanto dende un punto ambiental como ético.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?