Hai uns meses soubemos da Lenovo Smart Tab M10, unha tableta que podía colocarse sobre unha base con altofalantes para funcionar en mans libres con Alexa, e agora chega a España a tableta Alcatel 3T 10, unha proposta semellante que en vez de apostar polo asistente de voz de Amazon opta polo de Google.
A tableta ten unha pantalla IPS de 10 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, procesador MediaTek MT8765B con 4 núcleos, 2 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 GB, cámaras de 2 Mpíxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.2, conectividade 4G, GPS e batería de 4.080 mAh, ou sexa, un produto cunha configuración moi discreta, pero dabondo para a reprodución de vídeo e, especialmente, para funcionar como un asistente de voz con pantalla, para o que xoga un papel moi importante a base (opcional) Audio Station, que non só serve para empregar como base-altofalante da tableta de Alcatel, senón que tamén conta con entrada minijack e Bluetooth para poder funcionar de altofalalante doutros dispositivos e tamén conta con lector de tarxetas microSD (para cargar música).
A Alcatel 3T 10 pode resultar práctica para controla a domótica do fogar, serve para responder preguntas a través de Google, permite crear listaxes da compra e incluso pode utilizarse para escoitar as últimas novas ou preparar unha receita paso a paso. Un trebello moi versátil que véndese a un prezo de 179,99 euros, aínda que tamén pode adquirirse por 229,99 coa estación sonora que mellora considerablemente as súas posibilidades.
Alcaltel trae a España unha tableta que integra o Asistente de Google
Compartir Este Artigo

