A Tab M10 de Lenovo pode controlarse en mans libres con Alexa
luns, 11 de marzo do 2019
O ano pasado Amazon estreou unha
base de carga para as súas tabletas Fire HD que permitÃa convertelas virtualmente
nun Amazon Echo Show, ou sexa, que permitÃa o uso da tableta en mans libres
tirando proveito de Alexa, e este mesmo concepto vén de aproveitalo Lenovo, que
oferta
por 199 euros a súa tableta Lenovo Smart Tab M10, trebello bastante modesto
que ao colocalo sobre unha estación de acoplamento que integra altofalantes
Dolby Atmos, de xeito que podemos gozar dunha interesante solución para consumir
música e vÃdeo, asà como para controlar a domótica mediante a voz ou,
simplemente, ter unha tableta convencional do empregala fóra da súa base.
A tableta solta é unha Lenovo
Tab M10, cun procesador Qualcomm Snapdragon 450 de 8 núcleos, 2 GB de RAM, pantalla
IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 pÃxeles e cámaras de 5 e
2 MpÃxeles; que ten un grosor de 8,1 milÃmetros e só pesa 480 gramos, de xeito
que resulta bastante cómoda nas mans, aÃnda que na súa base pode gozar tamén da
liberdade que dá o control por voz de Alexa.
- Sen a base estamos ante unha tableta ordinaria